Novas por contido

Despois de que a Administración anunciara a supresión da subvención no transporte público urbano e interurbano aos traballadores públicos de servizos centrais, estabelecéronse algúns avances nestes temas. Os máis importantes para as persoas usuarias do transporte interurbano que manterán as mesmas condicións que na actualidade, incluído o prezo. Para o transporte urbano  pagarase o prezo do bono normal aínda que se poderá facer transbordo gratuíto entre liñas coa mesma tarxeta.

Transporte interurbano

O pasado  20 de marzo foi o día límite que se lle puxo as empresas interesadas en ofrecer o servizo de transporte interurbano para que achegaran as súas ofertas económicas. Logo de recibir estas, decideuse optar polas tres únicas ofertas que atendían ao conxunto do país: Cooperativa As Rías, Transportes Gavilanes e Monbús.

As empresas Cooperativa As Rías e Transportes Gavilanes ofertan un prezo único para todas as persoas usuarias, mentres que a oferta de Monbús consiste en manter o prezo actual tanto para os bonos verdes coma para os bonos vermellos así como as mesmas condicións que había ata o momento. É dicir, todo seguiría igual (prezos, desconto das baixas, vacacións....)

Estas ofertas comunicáronselle ás persoas usuarias nos buses para que elixiran a que estimaran máis conveniente; resultando escollida maioritariamente a opción de Monbús, posto que, a parte de ser a oferta máis económica, é a única oferta que mantén a posibilidade de poder viaxar a calquera outra hora do día nos buses de Monbús de liña regular.

Desta decisión maioritaria desmarcouse un grupo importante de persoas usuarias da liña de Ourense, as cales decidiron contratar o servizo cunha empresa de Ourense. O resto de usuarios/as de Ourense optou por acollerse á oferta de Monbús.

A día de hoxe, existe un problema coas persoas usuarias que viaxan co bono vermello, os cales actualmente pagan un importe moi superior ao bono verde dado que non contan coa subvención do 40% da Xunta. Estas persoas alegan que, posto que a Xunta a partir do 1 de abril non achegará ese 40% de subvención da que gozaban as persoas usuarias dos bonos verdes; consideran que, a partir de agora, todas as persoas usuarias son  igual e que, polo tanto, todas deben pagar o mesmo.

Esta problemática trasladóuselle a Monbús co obxecto de que mantivesen un único prezo para todas as persoas, sen facer distincións, ao cal a citada empresa respondeu que non aceptaba a dita proposta e que mantiña o prezo diferenciado. Neste senso, cabe informar de que as persoas usuarias de bono vermello están mantendo conversas con Monbús para tratar de arranxar este asunto.

Para rematar, sinalar que estase a redactar, sobre a base dun borrador que inicialmente presentou a Xunta e contando coas achegas e suxestións das persoas usuarias, un novo convenio que rexerá o servizo do transporte interurbano. Nunha das cláusulas deste novo convenio solicítase, de novo, un único prezo para toda ao servizo da Xunta de Galiza.

Finalmente, e para a tranquilidade dos usuarios e usuarias, dicir que aínda que non se asine o novo convenio antes do 1 de abril, OS BONOS DO MES DE ABRIL XA ESTÁN EMITIDOS CO MESMO PREZO DE SEMPRE.


Transporte urbano

Tralusa (companía de buses urbanos de Santiago de Compostela) xa confirmou que as tarxetas de empregado público da Xunta actuais (que levan nome e foto) van seguir sendo válidas para recargar os bonos ordinarios (10-20-30 viaxes) ao prezo de 0,60€/viaxe. Do mesmo xeito, tamén estará dispoñible a posibilidade de transbordo gratuíto dunha liña a outra nas mesmas condicións que o resto de tarxetas (menos de 60 min. no cambio de liña).

No caso da compañia de transporte urbano non foi posible unha negociación de mantemento do desconto que antes pagaba a Xunta dado que non existe alternativa comercial para forzar unha negociación.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...