Novas por contido

Unha sentenza gañada pola CIG obriga a pagar os trienios polos servizos prestados como persoal interino con anterioridade a maio de 2007

A sentenza di que a Consellaría de Educación (neste caso) ten a obri­ga de pagarlle os trienios ao persoal que interino non só con posterioridade á publicación do Estatuto Básico do Emprega­do Público (EBEP), como está facendo na actualidade, senón tamén os trienios dos anos ante­riores. Tamén obriga á Consella­ría a pagar os xuros correspon­dentes desde a data en que se interpón a demanda.

Que efectos vai ter a sentenza?

A sentenza supón que o persoal interino, se está baixo a xurisdición dos xulgados do Contencioso-administrativo con sede na Coruña,  poderá acollerse a esta sen­tenza ou, noutro caso, usala como fundamen­to xurídico para conseguir unha sen­tenza idéntica e así poder cobrar os trienios correspondentes aos cinco anos anteriores desde o día en que presente o recurso.

A xeito de exemplo: unha funcionaria reclamará no mes de maio de 2009 os trienios desde maio de 2004 (tope máximo de 5 anos que sinala a sentenza). En realidade estará a reclamar os trienios de 3 anos (de maio de 2004 a maio de 2007), xa que desde esta data xa os paga a súa Consellaría por aplicación do EBEP . Se esta funcionaria tivese traballado 6 anos como interina antes de maio de 2007, estaría a reclamar o valor de 2 trienios durante 36 meses.

Quen pode reclamar?

Calquera persoa que tivese tra­ballado un mínimo de 3 anos (1 trie­nio completo) con anterioridade ao 13 de maio de 2007.

Que hai que facer?

Pasar por calquera local da CIG-Administración Pública e solicitar toda a información precisa.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...