Novas por contido

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais solicita a implantación inmediata do horario flexible universal e denuncia a falta de axuste do programa Kronos a normativa vixente.

Dende a implantación do novo método de fichaxe nas consellarías de Facenda e Presidencia, estanse ocasionando multitude de problemas ao persoal afectado, dada a rixidez deste método, que non recoñece as fichaxes fóra do horario establecido entre as 07:45 e as 15:15 h.

A Orde da Consellaría de Presidencia de 4 de decembro de 1986, pola que se regulamenta o horario de traballo nas distintas dependencias da Xunta de Galicia, establece que o horario estará comprendido entre as 07:45 h. e as 15:30 h, polo que, de entrada, incumpre este regulamento que xa é de por si arcaico dabondo.

Curiosamente, a Xunta de Persoal de Servizos Centrais, en marzo de 1990 xa reicibira unha proposta de horario flexible realizada pola Administración. Nesa proposta, recollíase un horario de permanencia obrigatoria entre as 09:00 e as 14:00 h., o resto da xornada completaríase nun amplo abano horario até facer as 37,5 horas semanais establecidas na normativa vixente.

Sen entrar nos motivos polos que non se aprobou, naquel momento, este horario, entendemos que é o momento de dar un paso e implantar unha xornada flexible universal, que permita a conciliación da vida familiar do persoal dos Servizos Centrais e evite a problemática que está provocando a implantación cadriculada do novo sistema de control horario.

A Xunta de Persoal sinala que os empregados públicos están fartos de que unicamente esteamos para levar paus, como por exemplo coa recente lei de medidas, e empraza á Consellaría de Presidencia a que abra un proceso de negociación para implantar a xornada flexible de xeito inmediato. Se hai présa para aprobar unha lei en menos dun mes, a Xunta de Persoal exíxe a mesma rapidez para implantar a flexibilización horaria.

A Xunta de Persoal maniféstase aberta ao diálogo e, polo tanto, solicita unha entrevista coa secretaría xeral de Presidencia, que agardamos se produza canto antes, para poder tratar este tema e poder atopar unha solución satisfactoria. Non en tanto, no caso de que esta reclamación remate, como moitas das que se levan feito, no fondo dun caixón, a Xunta de Persoal resérvase o dereito a iniciar calquera acción de protesta.


Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...