As seccións sindicais da CIG, UGT e CCOO nos Servizos Centrais da Xunta de Galiza veñen de elaborar un documento conxunto como complemento vitamínico para a folga xeral. Este documento, baixo o título de "A unión fai a forza", está sendo repartido a partir das 7:30 no dous edificios administrativos. Con el animan a participar nos piquetes informativos e nas manifestacións previstas para o 29M

A folga non é unha solución, é un instrumento de presión, o máis poderoso que temos para facer valer os nosos dereitos diante dunha agresión totalmente inxustificada. Por iso quen non se adhire a unha folga prexudica gravemente ao conxunto dos traballadores, incluído a si mesmo.

Descargar documento

O xoves 29 de marzo, todas e todos a folga!