Nesta xuntanza tratáronse os seguintes temas: a aplicación da Lei de medidas no emprego público, o concurso de traslados do grupo V, escritos recibidos e varios.

Aplicación da Lei de medidas no emprego público

A CIG clasifica de surrealista o comportamento da Administración. Esta debería explicitar dunha vez por todas o paquete de medidas, que ámbito vai a ter, e cales van ser, e si van a ser en común para tódalas Consellarías. Ademais, no aspecto das I.T. contradí en absoluto o que pon o V Convenio Colectivo no seu artigo 30, que di que se cobrara o 100 % e este artigo non foi derogado.

O Comité acorda pedirlle por escrito á Administración a elaboración dunhas instrucións homoxéneas da aplicación sobre esta lei.

Concurso de traslados do grupo V

Se non se someteu antes a Orde do Concurso de traslados non ten por que someterse agora a modificación. É unha falacia a retirada das prazas da consolidación no seu argumento pois a sentenza non obriga a isto. Para maior detalle, a sentenza non falla a favor do demandante senón en contra.

A consecuencia directa disto e que a Administración non aplicou o Acordo de Consolidación e Proceso de Estabilización no seu momento, e agora non sabe saír do paso, argumentando para a retirada de prazas un voto particular do Maxistrado e nos seus Fundamentos de Dereito, pero que en ningures aparece como tal a retirada de prazas senón a convocatoria da Consolidación e Proceso de Estabilización.

Destácase a ineficacia absoluta da Administración por non haber levado a cabo o seu traballo e da súa falta de respecto e consideración ao persoal laboral da Xunta de Galiza.

Escritos enviados e recibidos

Dáse información sobre a petición de xuntanza con Función Pública para tratar temas que se decidiron no anterior pleno.

Varios

Tratase de facer un manifesto de adhesión por parte do Comité Intercentros para a folga do día 29 de marzo. Están dacordo CC.OO., C.I.G. e U.X.T. pero a CSIF non o acepta por non estar incluída na orde do día e ademais vota en contra.