Unha vez rematada a Comisión de Persoal do 27 de marzo informa a Administración de que este sistema está xa implantado en Presidencia, Facenda, parte de Medio Rural e Traballo no ámbito dos Servizos Centrais.

Temporalmente, vaise procurar que se poida fichar dende as 7:30 ata as 16:00, dado que polo de agora si se excede das 15:30 o sistema non responde.

Negociarase de cara a aprobar unha norma en outubro para permitir a flexibilidade horaria, partindo dun horario de permanencia que abranga a franxa de 9 a 14, aínda que isto tamén podería ser discutido. De entrada vaise implantar de xeito experimental na SX da Consellaría de Presidencia, na Asesoría Xurídica e na DX de Avaliación e Reforma Administrativa posibilitando que se cumpra o horario de 9 a 14 de luns a venres e o resto de 7 a 9 horas e de 14 a 20 horas.

Con relación ao teletraballo non se comprometen a ter nada en outubro. Vaise ter unha experiencia piloto con dous empregado públicos que traballarán 2 días dende casa (Asesoría Xurídica). A duración será de tres meses.