Na Comisión de persoal do 27 de marzo a Administración facilitou os seguintes datos: había 1465 postos dos cales se exlclúen 237 co cal no novo listado quedarán 1228. Con relación ao número de participantes, dun total de 815 foron 123 as persoas que pediron algunha das prazas excluídas.

A CIG rexeita que se modifique o concurso por mor duns votos particulares nunha sentenza. Tememos que esta modificación vai acabar nos xulgados.

Por outra banda, o 27 e 28 de marzo terá lugar dúas novas reunións da comisión de valoración para a revisión das reclamacións presentadas contra o  baremo provisional publicado mediante resolución do 4 de novembro de 2011 (DOG do 11 de novembro)