A Consellaría de Medio Rural e Mar comunícanos que tendo en conta que a situación de risco de incendios está evolucionando desfavorablemente por mor das actuais condicións meteorolóxicas, e que o actual despregue de fixos e fixos-discontínuos non será suficiente para facer fronte ás ditas previsións, a consellaría reforzará o número de efectivos que traballan na extinción dos lumes a curto prazo, mediante o reforzo das dotacións das brigadas helitransportadas nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Xa que logo, Medio Rural realizará chamamentos para a contratación de persoal laboral temporal do servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e que a elección dos destinos terá lugar o vindeiro día 3 de abril de 2012 nas correspondentes xefaturas territoriais .

O horario da elección será en cada xefatura territorial o seguinte:

CALENDARIO DE CHAMAMENTOS
PRECAMPAÑA 2012
DIAHORACATEGORÍA
03 de abril  de 20129:00Técnico forestal brigada helitransportada

9:30

Xefe/a de brigada helistransportada
10:00Emisorista base helitransportada
10:30Peón conductor brigada helitransportada
11:00Peón brigada helitransportada


En concreto,  reforzo das brigadas helitransportadas existententes nas bases de Vilamaior, Marroxo O Campiño, na que hai 2 helicópteros e 1 brigada.

Ademais van a montar as Brigadas helitransportadas da base de Silleda (22 peóns, 2 peóns condutores, 2 xefes de brigada, 2 emisoristas e 2 técnicos).