No DOG do luns do 2 de abril de 2012 publícase Orde do 30 de marzo de 2012 pola que se modifica a Orde do 14 de Abril de 2011 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia.

No anexo II atópase a nova relación de postos a que optan as persoas participantes unha vez realizada a exclusión de postos afectados pola disposición transitoria décima do V Convenio Colectivo da Xunta de Galicia e décimo cuarta do texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

Concedese un prazo de dez días naturais aos participantes que solicitaron algúns dos postos excluídos para engadir novos postos a súa solicitude si así o desexan.  O modelo de solicitude esta a disposición dos interesados na correspondente páxina web da Xunta de Galicia.