O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas vén de publicar na súa páxina web o proxecto de lei de orzamentos xerais do Estado para 2012, coincidindo co inicio da súa tramitación parlamentaria.

Como xa adiantou o Goberno central na mesa xeral da Función Pública, o texto proxecto de orzamentos mantén o recorte xa aplicado aos soldos dos empregados públicos, ao tempo que profundiza no desmantelamento do sector público por medio da conxelación das ofertas de emprego público, a non reposición de efectivos ou a amortización dun número de postos de traballo equivalente ao total de xubilacións do persoal.

Para a CIG, estas medidas aprobadas polo Goberno do PP conducirán á paralización e ao peche de servizos públicos, xa que non será posible atendelos por falta de persoal, co que se despexa calquera obstáculo no camiño da privatización do sector público.

Descargar o Título III (Gastos de persoal) do texto do proxecto de orzamentos do Estado