Novas por contido

O 13 de marzo pasado desenvolveuse o terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información. Foi un exame din que difícil, segundo algúns que o fixeron, pero non para todos.

A semana anterior a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galiza (AMTEGA) coa participación directa do subdirector xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade, á sazón presidente do Tribunal do subgrupo A2, escala de xestión e sistemas da información, levou a cabo unha serie de sesións informativas para o persoal informático das distintas xefaturas territoriais con respecto á modificación dos postos de traballo afectados coa nova incorporación á AMTEGA.

Nestas sesións informativas, casualmente, tratábase unha temática similar á do exame que posteriormente se desenvolvería o 13 de marzo para o grupo A2 de informática. Casualmente tamén, moitos dos participantes nesas xornadas eran aspirantes que ían participar nese exame. A última das casualidades era que un poñentes, é tamén o presidente do tribunal dese proceso selectivo.

Non parece correcto que un suposto sobre o que o presidente do tribunal deu unha serie de charlas a varios dos opositores se reproduza nun exame, xa que iso dálles unha vantaxe competitiva. E non por ser as charlas sobre o caso concreto do CAU da Xunta e o exame sobre un xenérico CAU, se obvia tal vantaxe.

Tendo ademais en conta que os contidos destas charlas, así como varios materiais sobre a futura configuración da Axencia e do CAU circularon por correo antes da rolda informativa do presidente do tribunal,  o cariz deste asunto tórnase aínda pior.

Por unha cuestión de saúde pública e para alonxar toda sombra de sospeita, Función Pública debe adoptar medidas, o tribunal debe dimitir e se debe repetir o exame. A Función Pública galega non pode soportar un caso máis de escándalo nun proceso selectivo. Non debería permitir, nen sequera por asomo, a dúbida sobre ningún proceso, e dende a CIG creemos que neste se dan elementos suficientes para considerar que se vulneraron os dereitos dos opositores e que moitos deles xogaron con vantaxe.

Non imos valorar aquí se nisto hai boa fe ou intereses dalgún tipo. Simplemente constatamos o feito e quen ten que dar resposta non satisface de ningún xeito as nosas demandas polo que a única solución válida e transparente que deixe sen mácula e que inspire confianza nos procesos selectivos da Xunta de Galiza pasa por proceder do xeito seguinte:

1.    Dimisión do tribunal do proceso selectivo do A2, escala de xestión e sistemas de información.
2.    Repetición do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Nota remitida aos medios

Esta nota ten a súa orixe na comunicación do propio director xeral de Función Pública o 26 de marzo das denuncias de varias persoas opositoras. Posteriormente, a CIG-Autonómica ponse en contacto coas persoas afectadas e recompila datos suficientes para elaborar esta nota.


Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...