Segundo Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural se convoca a realización de probas físicas e de agudeza visual aos aspirantes das listas do Decreto 5/2007 que modifica o Decreto 37/2006 correspondente a determinadas categorías de persoal laboral do SPDCIF e persoal do Pladiga.

As probas comezarán ás 08:30 horas do 23 de Abril de 2012, nos seguintes lugares:

  • Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas, s/n.

As datas de realización das probas por orde alfabética para tódalas provincias será:

Data

Apelidos

23/04/2012

A – B – C – D

24/04/2012

E – F – G – H – I

25/04/2012

J – K – L – M – N – Ñ

26/04/2012

O – P – Q – R

27/04/2012

S – T – V – W – X – Y – Z


Os aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas no enlace:


http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/forestal/incendios_forestais/probas_persoal_pladiga/

Deberán acudir á realizazón das probas, provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde en vigor, no que faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado non terá unha antigüidade superior a 3 meses respeto a data da realización das probas.