Hoxe, martes 10 de abril de 2012, a Consellería de Traballo e Benestar vai a consumar outra aldraxe contra a provincia de Ourense ao amortizar (despedir a persoal laboral) 18 prazas, e dicir, outras 18 persoas que se van ao paro nunha provincia onde o paro é especialmente preocupante.

Outras das decisións que se van a tomar hoxe é a eliminación doutro servizo público, o peche do Centro de Menores de Montealegre, un centro senlleiro en Galicia, que leva facendo unha laboura inestimable dende hai máis de 50 anos na Cidade de Ourense.

O peche do Centro de Menores de Montealegre, coa escusa da realización de obras de mellora, é a demostración palpable da destrución dos Servizos Públicos e da eliminación de postos de traballo na provincia de Ourense.

En contra destas amortizacións, en contra do peche do Centro de Menores de Montealegre, e na DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, este Comité de Empresa comunica que hoxe, Martes 10 de abril de 2012 fará unha concentración diante da EGAP, ás 14:00h, en Santiago de Compostela, para ESIXIR un compromiso da Consellería de Traballo de que cando rematen as obras o Centro de Menores de Montealegre sexa aberto de novo como un Centro Público dotado do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galicia, así como a non amortización dos postos de traballo propostos.