Novas por contido

O 14/05/09 a Dirección Xeral de Función Pública deu a coñecer a través da súa web as previsións de realización dos primeiros exercicios dos procesos selectivos que quedan pendentes da OEP de Corpos Xerais de 2008. Non houbo grandes sorpresas, e non se agarda ningún exame ata despois do verán. Estas probas realizaranse en setembro e outubro no caso de acceso libre (incluíndo tamén a consolidación e as escalas) e quedan para os dous últimos meses do ano os primeiros exames da promoción interna.

Esta nova ven de confirmar o que lle comunicou onte á CIG-Autonómicca o director xeral de Función Pública sobre a inminente publicación destas datas tan esperadas pola maioría das persoas opositoras.

PROMOCIÓN INTERNA (A1, A2, C1 e C2)*:
Novembro e Decembro

LETRADOS*:
Outubro

ESCALAS (escalas de arquitectos, arquitectos técnicos, xestión de sistemas de información, auxiliar de informática, inspección de consumo e inspección turística):
Setembro e Outubro

ACCESO LIBRE E CONSOLIDACIÓN (A1, A2, C1 e C2):
Setembro e Outubro

*En vindeiras datas publicarase a covocatoria.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...