Estas afirmacións foron feitas polo Secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, esta semana no Foro Aragonex. Aínda que estaba falando da extensión das 37,5h con carácter xenérico a todas as Administracións (algo que na Xunta non é nada novo), non perdeu a ocasión para faltarlle ao respecto das empregadas e empregados públicos.

Pois ben, habería que recordarlle ao Sr. Beteta que a pausa retribuída (ou “cafelito” como el a denigra) é un dereito laboral recoñecido na lexislación e nos diferentes convenios para todos os traballadores e traballadoras que realizan xornada continua. Non sabemos se a idea do Sr. Bateta é quitar tamén este dereito laboral ou mesmo ampliar a xornada laboral en aras de aproximarnos á “competitividade” de China.

Ademais, dada a continua perda de poder adquisitivo a que se nos someteu durante sucesivos anos, son moitos os compañeiros e compañeiras que levan tempo esquecéndose do “cafelito” e adicándose simplemente a pasear ou estirar as pernas, mentres observan como con cada nova reforma todo vai a peor para a clase traballadora. Algo que seguramente o Sr. Bateta lle soe a chinés, porque entre outras cousas, a el o café seguramente llo traian ao despacho pagado con cartos públicos.

NON MÁIS INSULTOS!
NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!