Ademais das recentes amortizacións da Consellaría de Traballo, moitas das cales levan implicadas despedimentos, desta volta a Administración achéganos a súa proposta de amortización de varios postos de persoal laboral no servizo de infraestruturas.

A Administración presenta esta proposta para o seu informe ao abeiro do artigo 4 do V Convenio Colectivo polo que se deduce que se tratan de prazas vacantes. En calquera caso, podedes achegar as vosas consideracións ao noso correo electrónico habitual. Por certo, non sabemos se se debe a ansía de amortizar que agora resulta que na proposta a Administración coloca ao Servizo de Infraestruturas na Consellaría de Traballo.

Descargar postos a amortizar