Novas por contido

A CIG-Autonómica dirixiu escrito á Conselleira de Medio Rural e do Mar en demanda de medidas e denuncia dos graves sucesos acaecidos novamente en Galiza:

Incumprimento do disposto na Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais:

- As brigadas de extinción de incendios forestais están traballando, na actualidade, sen que se procedera a avaliación de todos os postos de traballo, e distintos medios materiais (artigo16 da lei). Non se xustifican os criterios polos que se decide que servizos se avalían.

- As avaliacións que se foron realizando, non foron facilitadas aos/as delegado/as de prevención.

- Non existen protocolos de actuación en materia de prevención destinados a evitar situacións de risco. Riscos que poden derivar en danos persoais ou na morte, como desgraciadamente ocorreu recentemente.

Incumprimento do artigo 17 relativo a equipos de traballo e medios de protección:

- Non se subministra ao persoal do SPDCIF todo o material necesario para a realización das súas tarefas, existindo diferencias nas características do mesmo.

- Non se lles está a dar conta aos/as delegados/as de prevención da compra de material do SPDCIF, a pesares de estar constituída unha mesa específica para este tema, ao abeiro do V Convenio Único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Formación dos/as traballadores/as:

- Incumprimento do deber de protección que ten o empresario en materia de formación, xa que non se facilita a formación adecuada ao posto de traballo, nin se realiza periodicamente (artigo 19).

Xornada de traballo:

- Non se está a contratar persoal de reforzo suficiente para o SPDCIF. Esto, xunto coa falla de cobertura tanto das baixas de curta e longa duración, como das prazas vacantes, obriga ás brigadas existentes a superar a xornada de 12 horas máximas de traballo en extinción. Ao mesmo tempo, fai que non se respecte o descanso mínimo de 12 horas contemplado no V Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia, e no Acordo sobre condicións especiais de traballo do persoal do SPDCIF.

- Varíanse os horarios das brigadas con menos de 24 horas, a pesares de que o Convenio estableza un mínimo de 72 horas para estas modificacións, coas consecuencias que conleva en relación á conciliación da vida familiar e laboral, e cunha posible merma na calidade de prestación do servizo.

Por todo isto solicitamos que se adopten as medidas necesarias para solucionar todos os problemas enumerados, xa que dela dependen a seguridade das persoas, a seguridade dos nosos montes, o desempeño eficiente do traballo e a efectividade e profesionalidade do Servizo.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...