Novas por contido

A prensa destapa un acordo do Consello da Xunta en novembro de 2011 que non se fixera público no que lle perdoa unha sanción de 3 millóns de euros a Telmo Martín, ex-alcande de Sanxenxo e deputado do congreso polo PP.

A CIG-Autonómica remite unha carta ao Presidente da Xunta de Galiza na que lle solicita explicacións desta dobre vara de medir na austeridade para os amigos e para as empregadas e empregados públicos.

É ben coñecido o discurso oficialista de que non hai cartos para manter os servizos públicos e polo tanto tampouco hai sitio para os empregados e empregadas públicos que os facemos posíbeis. Con este discurso estase desmontando os centros galegos de Benestar, se están xustificando recortes en Educación e Sanidade e polo tanto preparando o terreo para amortizacións coa xustificación de que o empregado público xa non fai falta, que sobramos. Pois ben, o que non están ocultando no discurso oficial é que si hai cartos, o que pasa é que ás persoas que os deberan poñer legalmente enriba da mesa non llos esixen.

El País destapaba este luns, 16 de abril, que o Consello da Xunta do pasado 24 de novembro do 2011 acordaba perdoar unha sanción de 3.055.841 € ao construtor Telmo Martín, ex-alcalde de Sanxenxo e deputado polo PP no Congreso. A Xunta conseguiu ocultar daquela o dito acordo na referencia pública do consello, mais non indefinidamente.

O técnico propuña unha sanción a Telmo Martín por construír un edificio que invadía deliberadamente o dominio público na praia de Silgar en Sanxenxo e vulneraba a Lei de costas. Porén, o daquela conselleiro de Pesca, López Veiga, e cun informe adicional “aclaratorio” feito pola Demarcación de Costas de Pontevedra resolveu non sancionar. Curiosamente esta Demarcación estaba dirixida daquela por José Antonio Rueda Crespo, ex-senador do PP, ex-vicepresidente da Deputación de Pontevedra e pai do actual conselleiro de Presidencia.  A base desta decisión, na que se ampara a Xunta para quitar a sanción, é un informe da xefa de costas (antiga xefa de persoal de Educación) que tamén estivo implicada nun caso en Sanxenxo por construír un chalet vulnerando a lei de costas e autoinformándose ela mesma positivamente.

Logo o caso foi levado ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que ditaminou que o conselleiro non era competente. Razón pola que foi a Xunta a que tivo que validar o perdón. Esta validación foi recorrida o pasado 2 de abril tamén no TSXG. O que descoñecemos foron as razóns polas que a Xunta ocultou á opinión pública este perdón… aínda que as podemos intuír.

A CIG-Autonómica vén de esixirlle unha explicación ao Presidente da Xunta da dobre moral manifestada co seu discurso da austeridade por un lado e o perdón de sancións económicas a amigos de partido polo outro. A dobre moral que se agudizou nos últimos meses da creación da lei de medidas: primeiro coa negativa da Xunta a abordar a supresión de gastos inútiles, coa falta dunha progresividade fiscal ou coa propia evasión de impostos dalgún membro do seu partido (supoñemos que en breve se acollerá a amnistía fiscal aprobada polo goberno central).

Non podemos consentir esa actitude manifesta de precisamos quitarvos 80 millóns aos empregados públicos, precisamos amortizar postos de emprego público e precisamos recortar en servizos públicos porque non hai cartos cando a realidade é que hai cartos pero non queren pedirllos a quen legalmente debe achegalos.

Nota remitida aos medios

Descargar carta ao presidente

MEXAN POR NÓS E TEMOS QUE DICIR QUE HAI A CRISE

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...