Novas por contido

O venres 20 de abril, a CIG-Autonómica e as outras organizacións mantiveron unha reunión coa Dirección Xeral da Función Pública, que informou sobre os seguintes asuntos: 

  • CONCURSOS DE TRASLADOS
  • INSTRUCIÓNS DE PERMISOS, VACACIÓNS E LICENZAS
  • INSTRUCIÓNS COMPLEMENTO INVALIDEZ TEMPORAL
  • OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO PENDENTES
  • POLÉMICA SOBRE AS OPOSICIÓNS DO SUBGRUPO A2 DA ESCALA DE INFORMÁTICA


- CONCURSOS DE TRASLADOS:

  • Persoal laboral dos grupos I ao IV. A semana que vén, o martes día 24 de abril, haberá Comisión de Persoal e ata ese día poderemos enviar alegacións sobre as prazas. Nesa semana publicarase no DOG.

  • Persoal laboral do grupo V. Xa remataron de tramitar as reclamacións, sairá un pouco antes que o de veterinarios a resolución da 1ª fase e a 1ª fase de resultas tamén.

  • Persoal funcionario veterinario. Resolverase a finais de abril ou principios de maio, a comisión de baremación xa ten todo rematado, dará un pouco máis de traballo a fase de resultas debido a que hai que meter todo a man, por problemas informáticos debido á recente fusión de consellerías (Mar e Medio Rural).  Estará publicado no DOG antes do 15 de maio. Daráselle tamén destino definitivo ao persoal veterinario en destino provisional desde o ano 2005.

  • Persoal funcionario de escalas e corpos especias. No segundo trimestre sairán os de Gardacostas, Escala Técnica de Consumo e Estatísticos. Deixaron claro que os informáticos irán ao final, contan que para o cuarto trimestre deste ano

  • Persoal funcionarios de corpos xerais: o concurso de corpos xerais realizarase unha vez estean convocados todos os demais concursos de persoal laboral e de corpos especiais e escalas.


- INSTRUCIÓNS DE PERMISOS, VACACIÓNS E LICENZAS: O luns que vén, o día 23 de abril, remitirannos esta normativa, que finalmente terá formato de instrución. Regulará a redución de xornada voluntaria prevista na Lei 1/20012 de Medidas no Emprego Público de Galiza (LMEPGz), que tentará ser o máis flexible posible e estará supeditada ás necesidades do servizo.

Vaise recoller, tal e como dicta o Tribunal de Xustiza da UE, a posibilidade de poder disfrutar de vacacións no ano seguinte cando non se puideran disfrutar no ano, por causa de ter estado de baixa en longos períodos.

Regulará unicamente as condicións do persoal funcionario, para o persoal laboral só se aplicará de xeito subsidiario ao convenio en vigor.

Incluirá unha serie de anexos de modelos de solicitudes de permisos para os correspondentes dereitos recoñecidos.

Van dar unha semana para presentar alegacións, a intención de Función Pública é chegar a un acordo e negociar estas instrucións. Agardemos que recollan as permanentes demandas da CIG a este respecto á hora de homologar os criterios de concesión dos diferentes permisos e licenzas que temos recoñecidos o conxunto dos empregados/as públicos/as.


- INSTRUCIÓNS COMPLEMENTO INVALIDEZ TEMPORAL: Manifestan outra vez a súa intención de negociar, o martes ou mércores detallarán este regulamento, haberá unha nova xuntanza e un prazo para poder presentar alegacións.

Afectará só ao persoal laboral e funcionario do ámbito da Función Pública de Galiza. Vai regular e clarexar temas como as hospitalizacións e intervencións cirúrxicas. Para o persoal do Sergas, Xustiza e docentes de Ensino servirá como orientación en parte pero non como unha aplicación directa.

Con respecto á similar instrución que está en vigor no CIXTEC din que non vai haber contradicións con esta pero que Función Pública non ten nada que ver con ela, que foi Instruccións da DX de Orzamentos e da Intervención Xeral.

Con este regulamento rematarán coa normativa de desenvolvemento da LMEPGz.


- OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO PENDENTES: Teñen o compromiso de convocalas todas neste ano 2012. Unha vez que teñen claro que poden porque lles deixan dende Madrid (non o tiñan claro e tamén deixan caer que a ver que pasa máis adiante) van tentar cumprir este compromiso.

Publicarán, na primeira quincena de maio, un calendario coa data de convocatoria prevista e data tamén prevista do 1º exame (non antes de...). Todo o que lles queda pendente para publicalo é axustar datas.


- POLÉMICA SOBRE AS OPOSICIÓNS DO SUBGRUPO A2 DA ESCALA DE INFORMÁTICA: Están rematando un segundo informe logo das alegacións achegadas polas organizacións sindicais ao primeiro. Indican que non hai motivo para repetir o polémico terceiro exame, que as presentacións que fixo o presidente do tribunal nas semanas anteriores non teñen que ver co contido directo desta proba e que se vai seguir adiante co proceso.

A CIG sinalou que neste asunto, sobre todo, hai unha clara falta de tacto e solicitou a repetición desta proba. De todos os xeitos haberá que agardar a ver como se resolve a lectura deste exame por se hai algún dato estatístico que reforce as alegacións presentadas e tamén algún dato obxectivo a maiores.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...