Novas por contido

Non era sen tempo, despois de moitos amagos, achega a Dirección Xeral de Función Pública o borrador de instrucións que tratará de homoxeneizar as instrucións que regulamentan as vacacións, permisos e licenzas para o persoal funcionario. Nunha rápida ollada deste documento observamos que, en moitos casos, a proposta de interpretación que fai a Administración é a máis restritiva posíbel.

Despois de tempo demandando unha homoxeneización na aplicación de vacacións, permisos e licenzas, observamos con preocupación que a Administración pretende homoxeneizarnos a todos pero por abaixo. A CIG-Autonómica defenderá sempre a interpretación máis favorable para o traballador tomando como base os aspectos máis favorables de instrucións similares existentes, tanto na nosa como noutras Administracións. Agardamos as vosas achegas ao noso correo electrónico antes do 9 de maio que é a data límite para achegar alegacións.

Descargar borrador

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...