Unha vez mais Ourense está a ser ninguneada dente a Consellería de Traballo e Benestar, cando en Santiago se acaba de decidir que na Residencia “Nosa Sra. Dos Milagres” de Barbadás hai que reducir 50 prazas para maiores, mermando a capacidade de 130 a 80 prazas.

Hai uns días pecharon  o Centro de Menores de Montealegre,  botando 11 traballadores a rúa, dito centro pensan reformalo con fondos públicos e logo entregalo a mans privadas. No Carballiño, fai dous anos reduciron a capacidade da Residencia do Maior a metade, atendendo soamente a 24 residentes, cando nos seus inicios ascendía a 54, e agora  deciden despedir a tres traballadoras e contrataron unha empresa privada para facer o traballo que elas viñan desempeñando.

A Residencia de Tempo libre sigue sen abrir o os seus traballadores esperan na casa a ser chamados.

A residencia de maiores que se rematou hai dous anos está a podrecer sen ser aberta, imposibilitando a ocupación por parte de máis de 80 usuarios dependentes que a día de hoxe so poden acceder a unha atención especializada en residencias privadas.

E por ultimo este Goberno da Xunta vennos coa nova: a única residencia pública que ten a Xunta en Ourense, e na que fai uns anos se inverteu un millón de euros en reformas, vai pasar atender soamente a 80 residentes, cando ten capacidade para 130.

Dende a CIG sempre se loitou por dotar do persoal necesario a este centro para dar unha atención axeitada aos seus residentes, pero a Xunta no seu afán de recortar , prefire reducir a capacidade do centro para así poder votar a 4 traballadores a rúa.

E onde van meter os maiores que queiran ingresar na nosa cidade? Pois en Xeriatros e na Fundación San Rosendo, que son os amigos da Xunta que hai que alimentar, e nos últimos anos a Xunta leva consorciado cerca de 400 prazas con estas residencia privadas ( 180 prazas Residencia Xeriatros Monforte, 150 prazas Residencia Xeriatros Barrocás e 60 prazas Residencia Xeriatros Barbadás, todas feitas con diñeiro público e despois privatizadas).

Dende a CIG esiximos o Cese inmediato do Xefe Territorial da Consellería de Traballo e Benestar e a dimisión do Delegado da Xunta de Galicia en Ourense, ou de non dimitir o seu cese, xa que é intolerable a eliminación de servizos públicos que están a consentir dende os máximos responsábeis da Xunta de Galicia en Ourense.