Acabamos de ter unha xuntanza co resto de OOSS e co director de Función Pública, na que nos entregaron un borrador de Instrucións para a aplicación dos complementos de incapacidade temporal debida a continxencias profesionais e comúns, e nas situacións de maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural.

Dan de prazo até o luns que vén, día 30 de abril para presentar alegacións; van convocar unha Mesa Xeral para ese día. Presentamos a nosa protesta perante este feito xa que entendemos que é un prazo moi curto e solicitamos unha ampliación. NOVO: estas instrucións irán á Mesa Xeral o 2 de maio

Nunha primeira ollada podemos destacar os seguintes puntos:

  • Ten efecto retroactivo, dende o 3 de marzo, data en vigor da lei, agás as novidades con respecto aos prazos de entrega de xustificantes, basicamente.

  • Prevé que se cobre un 100% nos casos recaída dunha enfermidade común ou accidente non laboral que derive dunha situación que si recolla ese complemento do 100%.

  • Aínda que a redacción non o aclara, ao persoal de clases pasivas (Muface) non lle é aplicable o tema do complemento, si o regulado con respecto o de entrega de xustificantes.


Convidámosvos a que nos remitades as alegacións ou dúbidas que teñades con respecto a estas instrucións.

Descarga instrucións