No DOG do 2 de maio publícase a resolución para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de persoal veterinario, convocado pola Orde do 22 de xullo de 2011. Corrección de erros DOG 7 de maio

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade ou dun mes se radica en localidade distinta.

O cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da orde da Consellería de Facenda pola que se abra o prazo para tal efecto.