O mércores 2 de maio tivemos a Mesa Xeral na que os sindicatos discutimos cos representantes da administración as instruccións de incapacidade temporal e unha modificación da relación de postos de traballo da consellaría de educación e da Axencia Galega de Infraestructuras. Como sempre, a Mesa non foi de negociación, senon de imposición.

Instruccións IT

Vemos indicios de inconstitucionalidade e pedimos que se paren os efectos da lei (que non se aplique) ata que o tribunal constitucional resolva. Independentemente do anterior e da nosa posición en contra da lei, fixemos unha serie de alegacións conducentes a reducir os casos en que se van aplicar descontos por incapacidade laboral, como son darlle o mesmo tratamento ás enfermidades crónicas que ás intervencións cirúrxicas, contemplar o embarazo de risco, permitir entregar a xustificación médica a partir do 4º día, ...


RPT Educación

Crean unha serie de postos por sentenza xudicial, e advertimos que houbo uns cambios moi raros entre Industria-Axencia Galega de Innovación e Educación que poden traer responsabilidades xudiciais.

Respecto á xefatura de servizo de xestión de comedores escolares, amólanos a xustificación que ofrecen: "A modificación ven dada pola posible necesidade de contar con persoal funcionario pertencente a corpos da administración local que coñeza polo miúdo os circuítos administrativos de ámbito municipal que lle permita xestionar dun xeito eficaz as funcións [...] en materia de comedores escolares.”. Con esta declaración, a consellaría está a facer unha modificación por unha posíbel necesidade, non por necesidade, afirman que o persoal propio non está capacitado e non son eficaces xestores. Estamos certos de que a modificación xa ten nome e apelidos. En canto ao posto de xefatura de servizo do centro Ramón Piñeiro, a xustificación é similar.

RPT Axencia Galega de Infraestructuras

Recoñecemos que nas xuntanzas previas coa consellería foron aceptadas varias das nosas alegacións, como foi a retirada dos requisitos de titulacións nalgúns postos ou a reducción do número de postos abertos a outras administracións. Porén, hai cousas que non mudaron:


  • Seguimos a reclamar que as xefaturas de servizo sexan de concurso.
  • Xefatura de servizo de apoio técnico (área de contratación e administración): non entendemos como este posto, que é xeral/especial, poida ser ocupado indistintamente por un enxeñeiro de camiños, un enxeñeiro técnico en obras públicas ou un licenciado en dereito. Son titulacións demasiado dispares polo que non ten sentido a “especialidade” que demandan e ao tempo compatibilizalo cunha licenciatura en dereito.
  • Seguen sen dar solución á apertura de postos para a escala de delineantes.