Trala Comisión de Persoal do 4 de maio, a Administración achéganos o texto cos cambios aceptados. Estes cambios, mínimos e insuficientes, limítanse a precisar algúns aspectos ou mesmo adaptar o texto para non contravir a lexislación do réxime da Seguridade Social.

Do texto se desprende, aínda que non o di expresamente, que a ausencia xustificada por asuntos médicos os tres primeiros días non é equiparable a unha IT e polo tanto non se lle debera aplicar a porcentaxe de desconto por baixa. A Administración así o recoñeceu verbalmente aínda que se negou a precisalo por escrito no texto. Xa que logo, a CIG solicitou que constara en acta que a Administración recoñecía que os tres día xustificados médicamente non eran IT e as retribucións serían dun 100%.

Descargar borrador (con cambios)

Descargar instrucións definitivas