Na Comisión de Persoal do 4 de maio votáronse os seguintes temas:

  • Instruccións ITs

  • Modificación da RPT da Axencia Galega de Infraestruturas

  • Modificación da RPT de Educación

Antes da Comisión tivemos unha xuntanza previa sobre o borrador das instrucións das IT’s con FP simplemente para dar conta dos cambios raquíticos que introduciron. Retiran o punto dos Estatutos do FOGGA adaptados á LOFAXGA para ter unha reunión coas OOSS o luns, 7 de maio

Instrucións ITs

Despois de pedir que deixaran en suspenso a aplicación da lei de medidas por existir indicios sólidos de inconstitucionalidade da norma, co que non faría falla desenvolvela polo momento, expoñemos que nin sequera se atenderon as consideracións sobre ese texto que lle fixemos a Administración no sentido de ter un carácter restritivo.

Ao non admitir parte das nosas alegacións na interpretación máis ampla de hospitalización e intervención cirúrxica, principalmente, votamos en contra.

Pedimos que constara en acta a interpretación que fai a Administración sobre as ausencias de tres días xustificadas medicamente que non se van a asimilar ás IT e polo tanto se cobrará o 100%. Dixeron que si.

RPT da AGI

Houbo avances na negociación, aínda así non atenderon algunha das nosas alegacións. Abstémonos. As outras OOSS votan en contra.

RPT de Educación


Seguen a manter a creación de prazas de Industria que corresponderían a Industria e manteñen a apertura de servizos á Administración Local. O noso voto é en contra. UGT e CCOO en contra e CSIF a favor.

Varios


Concurso de persoal veterinario:
Informan de que se van corrixir erros ao ter baremado incorrectamente 3 solicitudes. Terán unha reunión con nós esta semana para tratar o tema da toma de posesión.