Non é quen de asumir as súas responsabilidades como representante da Administración Autonómica da Xunta de Galiza na comarca de Vigo.

No Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Vigo estamos a vivir un incremento do número de concentracións, consecuencia dunha maior conflitividade social pola situación de crise laboral de distintos colectivos.

 

O peche de traballadores e traballadoras do edificio pola Lei de medidas no emprego público (coa conseguinte demonización) ou o peche de 20 sindicalistas do sector naval, foron unhas mínimas expresións de malestar que incitaron á delegada territorial a ordenar pechar distintas portas de acceso e saída do edificio, contrariando as recomendacións do comité de seguridade e saúde do edificio, ou a establecer que o público teña que acceder na porta principal por un carreiro como se fosen gando.

Co peche de portas de saída (tentando inclusive que MUGATRA emita un informe favorábel que lle permita modificar o sistema de evacuación do edificio), coa blindaxe do seu pisito, ou coas maiores dificultades ao público, a delegada négase a asumir as súas responsabilidades políticas de escoitar ás demandas laborais.

Por iso, porque o edificio foi pagado cos nosos impostos, porque foi feito para mellorar o servizo á cidadanía, porque non é o seu pisito e non pode facer o que lle veña en gana, a CIG quere a dimisión de María José Bravo Bosch pola súa incompetencia para asumir as responsabilidades do seu cargo que pasa por padecer aos cidadáns e cidadás que queren unha resposta da administración.