O Comité Intercentros e os catro comités provinciais de Traballo e Benestar organizan unha marcha en defensa dos centros públicos de Benestar. A marcha terá lugar o venres, 11 de maio, partirá ás 10:30h desde a Cidade da Cultura - máximo símbolo do despilfarro- e finalizará no edificio administrativo de San Caetano -máximo símbolo da incompetencia política-.

Con esta marcha queremos denunciar ese retrouso de que non hai diñeiro para os servizos públicos e por iso hai que seguir amortizando postos na Consellaría de Traballo (e xa van 266).  Mentres, seguese sen esixir responsabilidades, e mesmo se axuda, ás persoas e entidades financeiras causantes da crise. Curiosa política a de penalizar ás vítimas e axudar aos verdugos.

Descargar cartaz