Novas por contido

O luns, 7 de maio, tivo lugar unha xuntanza con representantes do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) para tratar da adaptación deste organismo autónomo á Lei 17/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galiza. Incluído na Mesa Xeral do 11 de maio

O réxime de persoal regúlase no título VI, capítulo I, e non supón cambios para este. O organismo seguirá integrado exclusivamente por persoal funcionario e laboral da Xunta de Galiza cos mesmos dereitos e deberes. Aínda así pretendemos mellorar, con base a un ditame do Consello Consultivo, algún aspecto pouco claro.

A disposición transitoria terceira establece o proceso de adaptación das entidades instrumentais creadas con anterioridade á entrada en vigor da Lei 16/2010, do 17 de decembro de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galiza requiríndose a adaptación da súa regulación ás determinacións, do titulo III da citada Lei mediante decreto da Xunta de Galiza.

A autorización como organismo pagador dos fondos europeos agrícolas en Galiza condiciona a súa estrutura interna e funcional, ao estar obrigado a cumprir os criterios de autorización descritos no Anexo I do Regulamento (CE) 885/2006, da Comisión, do 21 de xuño, o que obriga a súa creación como ente instrumental.

Por último, compre destacar que o artigo 21 habilita o Consello Reitor para autilización de medios telematicos, así como a posibilidade de realización de reunions por procedemento escrito

Por parte da CIG alegouse o seguinte:

  • Non parece unha boa forma de iniciar un proceso de negociación o feito de remitir o venres  a ultima hora a convocatoria desta reunión para un luns a maña.

  • O artigo 27 esta repetido.

  • No artigo 34  se fai referencia a que os recursos económicos cos que conta o Fogga para o exercido das súas funcións son, entre outros,  “os ingresos pola prestación de servizos”.


Entendemos que se debe de eliminar a frase "prestar servizos" e facer referencia á RPT, todo isto conforme o exposto no punto 4º do ditame  DITAME NÚM. 576/11 do consello consultivo de Galiza, relativo  Proxecto de decreto polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproba o seu estatuto, no que se fai referencia a que e emprego da palabra “prestar servizos” pode provocar:  

“a posible afectación á seguridade xurídica –principio constitucional ex art. 9.3 CE de obrigado respecto- cando o texto sometido a ditame emprega os termos “presten servizos” xa que tal expresión fai referencia a unha situación fáctica e non necesariamente xurídica. En materia de persoal o apropiado e a remisión ao vehículo xurídico onde se ordenan os recursos humanos, como é a Relación de Postos de Traballo (en adiante RPT). Así se establece no artigo 74 da Lei 7/2007 do 12 de abril do estatuto básico do empregado público e 27 e seguintes da Lei de función pública de Galicia, cuxo texto refundido se aprobou mediante o Decreto lexislativo 1/2008 do 13 de marzo. Neste senso, a Lei emprega, certamente, uns termos amplos, pero en todo caso xuridicamente acoutados ao falar de “medios persoais que […] na actualidade lle corresponde á Dirección Xeral […]”, o que non pode ser entendido senón como unha remisión á RPT.  Mediante o emprego de tal disposición eliminaríanse dúbidas sobre situacións de feito que poderían dar claramente problemas de aplicación da norma.”


Os representantes da consellaría indican tamén a súa intención de levar o presente decreto e a RPT do FOGGA a próxima mesa xeral, pero que esta aberto a que lle remitamos por escrito mais alegacións e incluso a facer mais reunión se e preciso.

Outras novas recentes

Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...