Novas por contido

O venres, 4 de maio, tivemos unha xuntanza con Función Pública e máis a secretaria xeral de Facenda para  tratar a proposta de borrador da convocatoria da escala técnica de finanzas.

En primeiro lugar, manifestamos a nosa sorpresa por esta convocatoria separada cando o director xeral nos comunicara que ía sacar unha OPE 2012 que recollería as convocatorias pendentes xunto cun cronograma de todos os procesos. Instamos a Función Pública a que saque este cronograma de desenvolvemento do resto de procesos selectivos, antes de andar negociando convocatoria a convocatoria, e recordamos o compromiso do director xeral coa promoción interna e a preferencia para a súa execución.

Función Pública responde que van seguir ese compromiso pero que a consellaría de Facenda precisa cubrir esas prazas porque ten unha demanda urxente de persoal da escala técnica de Finanzas. Recordamos que na última convocatoria había 11 prazas e o tribunal só aprobou a 3 aspirantes. A secretaría xeral defende que esta ten que ser necesariamente unha oposición dura.

Precisamente, con relación a este tema, destacamos que non aparece recollido o número de prazas que se convocan cando segundo a OPE do 2011 da que deriva esta convcatoria serían 8. Función Pública contesta que non puxeron o número porque pretenden ampliar o número con base no artigo 70 do EBEP. Solicitamos que nos comuniquen o número exacto en canto fagan as xestións pertinentes.

De xeito particular facemos as seguintes alegacións:

Sistema de acceso

Solicitamos que se contemple, dentro da legalidade vixente, como sistema de acceso o concurso-oposición. Nesta convocatoria, coma na maioría de peroal funcionario, só se valora a capacidade e non os méritos das persoas aspirantes, nin tan sequera para a promoción interna. Consideraríamos como compromiso de mínimos por parte da Administración un 50% do máximo que permite a Lei de Función Pública de Galiza.


Promoción interna

Neste borrador de convocatoria non existe un fomento da promoción interna real xa que non contempla unha nota de corte separada, unha redución de temario ou a supresión dalgún exercicio. Solicitamos:

  • Unha nota de corte separada da quenda libre.
  • Unha reserva mínima do 50% do número de prazas totais.
  • A exención dalgunha proba respecto á quenda libre ou, canto menos, a redución dunha parte do temario.


Sorprendentemente a secretaria xeral de Facenda desbota potenciar a promoción interna, decindo que nesta escala vai ser anecdótica. Por outra banda, para xustificar a ausencia da fase de concurso pon como exemplo o fracaso da consolidación na que se presentaron 13 persoas e non aprobou ninguén. Insisteimos en que non se poden facer unhas bases en función de antecedentes puntuais ou vaticionios persoais, senón que se debe crear un marco obxectivo e neste marco debe dárselle o peso aos méritos e á promoción interna que recoñece a lei.


Nota de corte

Que se recolla expresamente na convocatoria para dotar de maior seguridade xurídica ao proceso e garantir a concorrencia competitiva no número de persoas aspirantes por praza nas diferentes probas.  A nota de corte podería realizarse sobre unha alternacia dun sistema abosoluto (% de resposta correctas) xunto cun sistema relativo (número mínimo e máximo de persoas aprobadas por praza).

Exames

Datas de exames: de cara a organización da persoa opositora, a convocatoria debe acotar o prazo aproximado de realización das probas e mesmo a extensión do proceso selectivo. Propoñemos recoller expresamente a coletilla “que non sexa anterior a ....”  e “nin máis tarde de”

O primeiro exercicio, que é o único obxectivo por ser test, resulta ser o que menos peso ten na oposición. Debería ter máis puntuación.

No segundo exercicio, de cara a facilitar tanto o control dos textos permitidos como optimizar a realización da proba por parte dos oposicotres, os textos legais que sexan necesarios para a proba deberan ser facilitados polo propio tribunal, ben sexa en formato electrónico ou en papel.

No terceiro exercizo, propoñemos que se elimine unha das dúas probas. En calquera caso:

  • Na proba primeira de preguntas curtas o tempo debería aumentarse a 90 minutos.

  • Nos temas a desenvolver, poder elixir 2 entre 4 (no canto de 2 de 3) e aumentar 1 h para desenvolvelos, sendo a duración máxima 4 horas.

Coñecemento da lingua: o coñecemento da nosa lingua non queda acreditado cun mero título. Solicitamos que os exames sexan en galego ou ben se realice un exame obligatorio que garanta o seu correcto coñecemento para o desenvolvemento das tarefas propias da escala.


Temarios

Solicitamos que sexan editados pola EGAP, cunha antelación suficiente á realización das probas, e que estes estean en galego.

A parte I do temario debería reducirse e elaborarse únicamente con textos legais e non con temarios, seguindo a liña das demais e escalas do Subgrupo A2 da Xunta de Galicia.

Para a promoción interna debe establecerse como mínimo a exención dos temas 19 a 42, e os temas 44 e 45, relativos á dereito constitucional, estaturario e administrativo, coñecementos demostrados sobradamente no acceso a en calquera corpo ou escala do Subgrupo C1 da Administración da Xunta de Galicia.

Tribunal

Na composición do tribunal continuamos demandando a presencia sindical.


A pesar do ámbiente de cordialidade, por parte da Administración non hai  intención de  facer grandes cambios.


Presentamos por escrito as alegacións o martes, 8 de maio. O mércores inclúen este punto na convocatoria para a Mesa Xeral.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos. De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta. Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter...
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...