O que vemos na foto son as obras da nova Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) na Estrada. O edificio que se ve detrás, no lado esquerdo, é a Academia Galega de Seguridade (AGASP). Estas obras, se ben non chegan ao nivel da Cidade da Cultura, son claros exemplos da política de mausoleos na que o progreso é sinónimo de toneladas de formigón.

Mentres as enormes instalacións da AGASP permanecen infrautilizadas a maior parte do ano, ao seu lado e en pleno discurso político da austeridade a Xunta adxudicou o ano pasado un contrato por valor de 6.099.800,00€ para facer un novo edificio como sede da AXE. Dos 450m2 metros da sede actual se pasan a 5000m2, 1500 dos cales son só para os servizos administrativos. Vos convidamos a botarlle un ollo ao directorio telefónico da actual axencia para ver a xente que alí traballa. En efecto, entre tanto fax, non aparece todo o persoal do 112, un servizo privatizado que non pon nin un só € para pagar o custo desta construción.

Quizais alguén se estará preguntando, nos o facemos, por que non reorganizar e utilizar os edificios públicos xa existentes, nomeadamente o que ten ao lado. En fin, cando acaben esta obra pode que non quede a metade dos servizos públicos ou dereitos laborais que tiñamos ata o de agora pero estaremos todas e todos máis seguros, que é o importante...

Extracto do Boletín de servizos centrais de maio do 2012