En defensa dos centros públicos galegos de benestar e en protesta polos recortes efectuados desde esta consellaría.

Unha veintena de delegados e delegadas da CIG recibiron o mércores, 16 de maio, á entrada do consistorio de Oleiros á conselleira Beatriz Mato. Este recibimento á altura dunha conselleira de Traballo e Benestar que só crea Paro e Malestar puxo o contrapunto ao protocolario acto de benvida do concello.

"Os de sempre" coma xa nos chama cariñosamente Beatriz Mato volvimos a estar onde tiñamos que estar, reivindicando o que é noso, o que é de todos e todas, os nosos centros públicos de servizos sociais.  Parece que para a conselleira a amortización de postos, os despedimentos de persoal, o peche ou a privatización de centros son imaxinacións nosas.

Moi na liña do goberno de Madrid, no contexto actual o prioritario para a Xunta de Galiza non é axudar ás vítimas da crise senón aos responsábeis desta. As prioridades márcallas a banca privada, non a cidadanía.