Tal e como avanzábamos o martes, no DOG do 18/05/2012 publicase a orde pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, grupo V.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade ou dun mes se radica en localidade distinta. O cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación no DOG da orde da Consellería de Facenda pola que se abra o prazo para tal efecto.

En cando ao momento para abrir o prazo para tal efecto, están afectadas as persoas do concurso e as que se atopan en destino provisional da OPE 2005. Dado que nalgunhas consellarías suporía un problema o cambio antes do verán, polo tipo de usuarios que teñen, Función Pública está valorando a posibilidade de deixalo para despois do verán.

Esta orde sairá publicada en 20 días e a semana que vén se reunirán con nós para dicirnos como se vai desenvolver finalmente o proceso. Nestes 20 días sairá tamén a orde para que a elección de destino dos da OEP 2005 e unha vez que saia se dará case de xeito simultaneo tanto os ceses e tomas de posesión do concurso como a toma de posesión das persoas que se atopan en destino provisional para que non se den as situacións de tomas de posesión difieridas do concurso.

Accede á relación de postos