A Dirección Xeral da Función Pública vén de convocar ás organizacións sindicais a unha mesa xeral que se realizará o venres 25 de maio de 2012 ás 13:45 h na aula nº 17 da EGAP, coa seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación das actas 5 e 6 de 2012

  • Proxecto de decreto de estatutos da Axencia de Industrias Culturais

  • Proposta de modificación da RPT da C. de Cultura, Educación e O.U., no sentido de abrir a categoría 10E postos de traballo do grupo V categoría 3 .

  • Proposta de modificación da RPT da C.de Medio Rural e Mar, no senso de abrir a categoría 2,8 e 12 postos de traballo do grupo V categoría 8. (punto engadido o 24/05/2012)
  • Rolda aberta de intervencións

Podedes achegar as vosas consideracións a través deste formulario de contacto web ou directamente ao enderezo de correo autonomica@cigadmon.gal

Descargar a documentación achegada pola Admón para a mesa xeral