O martes, 22 de maio, tivo lugar o pleno ordinario nº6 do ano 2012 no que se trataron os seguintes temas:

  • Problemática coas vacacións remitido polo comité de empresa de Medio Ambiente de Ourense

  • Mobilizacións polos recortes na consellaría de Traballo e Benestar

  • Uso das instalacións públicas da Xunta con fins particulares

Problemática coas vacacións remitido polo comité de empresa de Medio Ambiente de Ourense

Referente a denegación das vacacions por parte da Xefatura Territorial de Ourense de Medio Ambiente a un compañeiro a CIG propón que debe seguir a vía ordinaria, a través do xulgado, pois a Xefatura Territorial esta a vulnerar a lexislación vixente. Descartouse acudir á Comisión Paritaria por contraproducente dados os tempos e xa que hai lexislación posterior á sinatura do V Convenio.

Mobilizacións polos recortes na consellaría de Traballo e Benestar

Valorase moi positivamente por parte de todas as centrais sindicais. A CIG segue defendo que debe ser o Intercentros, como máximo órgano de representación diante da Xunta de Galiza quen coordine e realice todas as mobilizacións que afeicten ao persoal laboral da Xunta de Galiza e deixar de lado o protagonismo sindical.

Adopotáronse as seguintes decisións:

  1. Invitar a todos os comités e delegados/as a mobilización do vindeiro día 24 de maio en Ferrol polo peche do Centro de Menores Soutomaior ás 11:30 horas.

  2. Convocar a todos os os comités e delegados/as de persoal da Xunta de Galiza para o vindeiro día 5 de xuño en Compostela.

Uso das instalacións públicas da Xunta con fins particulares

Diante da que nos esta a caer ás empregadas e empregados públicos é impropio que se sigan mantendo o privilexio de vivenda ao persoal directivo das residencias que é o que menos necesidade ten dado o seu poder adquisitivo; por exemplo: o director da Residencia de Oleiros. Solicítase que estes espazos revirtan en uso público; só se fala das vivendas dos directores. Acórdase mandar un escrito á Consellaría de Facenda, á Consellaría de Presidencia e ao Presidente da Xunta.