CCOO convocou unha asembleia de traballadores/as de do SPDCIF e PLADIGA (incendios) para o xoves 4 de xuño en Silleda. A CIG non ten nada que dicir pois CCOO é libre de facer cantas asembleias considere. Pero o que non pode facer CCOO é convidar a asistir aos demais sindicatos, cunha data, lugar e orde do dia xa fixadas, e con 48 horas por medio. Está a actuar CCOO igualiño como cando nos convoca a Xunta ás Mesas (e que CCOO critica).

Se CCOO busca a unidade sindical, primeiro, non pode fixar unilateralmente a convocatoria, e segundo, non poden enviala con tempo non abondo para que a CIG adapte a sua axenda.

Temos clara a intención de CCOO: saben que a CIG (e supoñemos que os demais sindicatos), non vamos a asistir ante o evidente desprezo que nos fan, o que aproveitarán para manifestar na asembleia que "a CIG non quere unidade sindical porque estaban convidados e non asistiron".

Igualiño que CCOO protesta ante as convocatorias unilaterais e sen tempo abondo que nos achega a empresa, a CIG non pode aceptar estas formas de CCOO. Para outra ocasión, as cousas hai que falalas, consensualas e definilas previamente entre todas as organizacións.

A CIG vai estar sempre e defendendo os intereses dos traballadores/as do SPDCIF e PLADIGA, pero o que non vamos a consentir é a utilización que segue a facer CCOO do persoal de indendios da Xunta, mesturando os problemas das contratacións por tres meses do PLADIGA coa situación dos fixos e fixos-discontinuos do SPDCIF. A CCOO lle interesa isto para seguir a vender a mentira de que CIG e UGT apostan polos chiringuitos, que grazas a nosoutros segue SEAGA. A CIG non vai consentir o desmantelamento do servizo de incendios da Xunta, proba delo é o acordo asinado por CIG e UGT para mellorar as condicións laborais destes traballadores/as que, sen ser o mellor do mundo, significou un grande avance respecto ao Anexo esclavizante, abusivo e maltratador dos empregados de incendios (anexo que foi aceptado no seu día por CCOO).

Menos demagoxia e menos utilización dos traballadores/as para facer "acción sindical" a conta deles.