O goberno galego vén anunciando a desparación do Consello Económico e Social (CES) e a súa fusión co Consello Galego de Relacións Laborais (CGRLL). Como xa é habitual na reorganización administrativa deste goberno, a desinformación dos traballadores e do seu futuro é a nota predominante.

Desde a CIG tivemos coñecemento das declaracións dos responsables do Goberno galego, en relación á posibilidade de reorganizar o actual Consello Económico e Social de Galiza,  integrándoo no Consello Galego de Relacións Laborais. Porén, por parte de Facenda non se ten convocado ás organizacións sindicais para tratar este asunto.

Dado que existe unha situación de preocupación entre os traballadores dependentes do CES, desde a CIG solicitamos que se realice unha xuntanza para informar sobre os plans existentes para  reorganización do Consello Económico e Social e, nomeadamente, sobre como afectará ao persoal actualmente adscrito a ese organismo.

  • Que desde esta central sindical temos coñecemento das declaracións dos responsables do Goberno galego, en relación á posibilidade de reorganizar o actual Consello Económico e Social de Galiza, integrándoo no Consello Galego de Relacións Laborais.

  • Que dado que por parte desa Consellaría non se ten convocado ás organizacións sindicais para tratar este asunto, existe unha situación de preocupación entre os traballadores dependentes do CES.