O luns, 28 de maio, continuou a campaña de mobilizacións do Comité de Traballo e Benestar de A Coruña en contra da destrución de 90 postos de traballo previstos pola consellaría nesta provincia así como contra a privatización dos Servizos Públicos Galegos.

As concentracións do Comité de empresa deste día foron na Escola Infantil de Vite (esquerda) e na Escola Infantil "Santa Susana" (dereita) e aos dous actos de protesta sumouse persoal doutros centros.  Desde o comité de empresa aseguran que o 5 de xuño se reunirán para elaborar un novo calendario de mobilizacións no que se barallan protestas como situar unha caravana permanente ata as eleccións autonómicas, ou levar a cabo un «enterro» da consellería dende San Caetano a Monte Pío.

O persoal das escolas infantís, ademais dos recortes de persoal e os que lle trouxo a Lei de medidas, teñen unha problemática propia co dereito ao uso do comedor dos centros. Mentres o persoal de Educación mantén este dereito, o persoal das escolas infantís, xa que depende de Traballo e Benestar, se lle retira. Porén, non se lle dotou dunha alternativa adecuada para xantar dentro das quedas de traballo sen provocar problemas operacionais para o servizo por abandono do centro ou unha fonte de contaminación para os usuarios por aceso ás instalacións da cociña de persoal non autorizado.