Novas por contido

No punto de varios das últimas Mesa Xeral e Comisión de Persoal tratáronse diferentes temas sobre asuntos de Función Pública: toma de posesión de persoal laboral, cronograma de procesos selectivos, horario de verán, PLADIGA, dispoñibilidade de condutores...

A CIG levou os seguintes temas:

- Cronograma de procesos pendentes. Queremos unha data concreta. DXFP: non hai data.

- Instrucións de permisos, vacación e licenzas. Vai haber algunha xuntanza próximamente? DXFP: están rematando de mirar todas as alegacións remitidas; en breve.

- Horario de verán. Teñen intención de mantelo, de negocialo e de publicalo? DXFP: “haberá horario de verán”.

- Criterios para ofertar as prazas en destino definitivo para o persoal laboral da OPE 2005 en destino provisional trala resolución do concurso de traslados do grupo V.

  • No listado de prazas para ofertar ás persoas en de destino provisional non utilizan o mesmo criterio para persoal de limpeza que para ordenanza. Para o persoal de limpeza non inclúen as que quedan vacantes da 1ª fase do concurso. Por contra, para ordenanza si que as meten

  • Pedimos que se teña en conta a literalidade das bases do concurso para incluír para a toma de posesión todas as vacantes que se xeren no concurso mesmo aquelas que teñen tal condición despois de que ás persoas titulares se lles adxudicase postos na 1ª fase.("a este persoal de novo ingreso ofertaránselle os postos que queden vacantes tras a adxudicación dos postos ofertados no anexo III e a resolución da primeira fase de resultas"). Toman nota e din que  enviemos as alegacións por escrito  e informan que no caso de persoal de limpeza se van a engadir máis prazas para que ninguén teña que coller prazas de media xornada, solución que alivia pero nada máis.

- Postos de ordenanzas para amortizar: no concurso de traslados retiraron unha serie de postos de ordenanza xustificando en que os ían amortizar. Porén, agora ofrecen algúns deles, como na biblioteca de Compostela e telefonista en Presidencia. Solicitamos unha explicación e demandamos o cesamento da persoa que nos enganou coas amortizacións.

- Dispoñibilidade do persoal condutor: Que se diten instrucións a todas as delegacións territoriais e ao parque móbil para aclararlles o que dispón o Convenio Colectivo sobre a dispoñibilidade (Mirar o Convenio) onde se recolle que a dispoñibilidade é TEMPO DE TRABALLO EFECTIVO. E que se fagan os cadrantes tendo en conta este precepto. Non pode ser que as delegacións e o parque móbil non consideren que a dispoñibilidade dos condutores non é tempo de traballo efectivo vulnerando o Convenio. Que Función Pública lle explique a Presidencia.

- PLADIGA.

  • Estamos practicamente a un mes do comenzo da campaña de alto risco de incendios forestais (1 de xullo, ao non ser que se adiante) e de momento non temos coñecemento por parte da Consellaría do Medio Rural e do Mar do Plan de defensa contra incendios forestais (PLADIGA - 2012), onde se recollen datos das contratacións de persoal para o reforzo do verán na loita contra os incendios forestais.

  • Non coñecemos o número de contratacións que van facer, tanto na súa totalidade, por provincias, por distritos e mesmo por categorías profesionais.

  • DXFP: a última semana de maio vannos convocar para dar información

- Instituto de Estudos do Territorio: trala aprobación da RPT deste ente, os traballadores do antigo SODECO foron pasados como “Titulados de grao medio”. Porén, no directorio da Xunta e nos rótulos dos despachos teñen “Responsábel”. Exiximos a corrección do “erro” e que deixen de actuar como “responsábeis”.


A maiores, a Administración informa do seguinte:

  • Decreto de integración: a última semana de maio nos pasan as modificacións que van facer tras o informe do Consello Consultivo.

  • RPT completa de Medio Rural: están co decreto de estrutura; en xuño nos van chamar pola RPT.

  • Eleición de destino do grupo V: vai ser en xuño. A toma de posesión (tanto das persoas do concurso como as que toman destino definitivo) será na última semana de xuño ou como moi tarde na primeira de xullo.

Outras novas recentes

Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...