A CIG vén de dirixirse á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar por medio de escrito presentado o 30/05/2012, para solicitar a actualización e a adecuación da identificación desta consellería ante a Seguridade Social á súa nova estrutura.

A pesar de que a estrutura orgánica unificada da nova Consellería do Medio Rural e do Mar foi aprobada polo Decreto 46/2012 (DOG do 24 de xaneiro), a Administración mantén separados os códigos de pagador á Seguridade Social baixo a denominación dos departamentos extintos. Isto está a producir implicacións para o persoal laboral, xa que o código de pagador é identificado pola Seguridade Social como o ámbito no que se poden aprobar contratos de relevo para permitir a xubilación especial do persoal laboral aos 64 anos, aínda aplicable mentres no se produza a plena entrada en vigor da reforma das xubilacións aprobada na pasada lexislatura.

Descargar o escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica do Medio Rural e do Mar