Os motivos de presentar este novo documento foron, entre outros, diversas circunstancias sobrevidas como, por exemplo, unhas instrucións que o departamento de persoal da Consellaría de Facenda elaborou recentemente. Nestas instrucións regulamenta aspectos con relación ao goce das vacacións que se están a negociar nestes momentos coa Función Pública e que a CIG entende que están fóra de lugar.

Nomeadamente , estas alegacións complementarias abordan os seguintes aspectos:

  • Proponse que non se poida limitar ningún dereito dos recollidos nestas instrucións con carácter xeral,  de xeito que só se poida limitar de maneira individual e sempre xustificadamente e con comunicación simultánea ao órgano de representación correspondente.

  • Que se retire a denominación “autorizadas” con respecto ao goce das vacacións no apartado 8 da instrución quinta,  xa que isto implicaría un condicionamento de goce das vacacións cando se vén dunha IT que podería, inclusive, ir en contra da normativa vixente.

  • Por último, con respecto ao permiso por enfermidade moi grave do artigo 76.1.) da LFPG, alégase que este ten que ser compatible co permiso por enfermidade grave do artigo 76.1.a) Así mesmo, tamén se alega que se poida recoñecer o dereito a dispor do conxunto deste dereito en períodos mínimos dunha semana.

Descargar o documento de alegacións complementarias da CIG