Este ano o horario da xornada de verán abranguirá desde o 1 de xullo ao 31 de agosto, ámbolos dous incluídos.

A Administración, tal e como confirmou na última Mesa Xeral, vén de remitir a un borrador da orde pola que se ditan instrucións sobre a xornada de traballo de verán do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Este borrador de orde vai como único punto do día da vindeira Mesa Xeral para o martes, 12 de xuño. Dase continuidade así a un dereito do exercicio da conciliación da vida familiar e laboral, polas vacacións escolares,  que é común a outras Aministracións (como a Administración Xeral do Estado) e mesmo a outros entes instrumentais da propia Xunta de Galiza.

Como curiosidade compre salientar que o horario de verán na Xunta remóntase ao ano 1988 no que tivo lugar unha folga que promoveu, entre outros, o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Desde entón, anualmente foise repetindo cunha periodicidade que variaba entre os 2-3 meses.

De novo se volve a producir discriminación con parte do persoal que non pode gozar deste dereito. Tal e como solicitou nas alegacións ás instrucións de permisos, a CIG-Autonómica considera que no calendario laboral anual deberá recollerse para aquel persoal que non poida gozar do horario de verán unha compensación equivalente á correspondente redución de xornada.

No calendario laboral anual deberá recollerse para aquel persoal que non poida gozar do horario de verán unha compensación equivalente á correspondente redución de xornada.