No DOG do 12/06/2012 publícase as bases da convocatoria pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.

As persoas beneficiarias destas axudas serán tanto os homes como as familias monoparentais (muller ou home) que traballen por conta allea, tanto na empresa privada coma nas Administracións públicas, e se atopasen en situación de redución de xornada para o coidado de fillos/as entre o 1 de maio e o 31 de decembro do 2011. As axudas van desde os 1.600 ata os 3.600€ en función do número de fillos/as e do % de redución da xornada.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación, xa que logo o prazo rematará o 13 de xullo.

Accede á información