Tomando por tontos aos traballadores/as, os sindicatos asinantes do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), CCOO, UGT e CSIF, pretenden agora lavar a cara despois de que a CIG gañara varios contenciosos no que se recoñece o dereito dos interinos a cobrar os trienios xerados e non devengados antes da entrada en vigor do EBEP.

As sentenzas son consecuencia directa da petición da aplicación dunha directiva comunitaria que vai contra a cláusula discriminatoria establecida no EBEP que establece no seu artigo 25 que aos interinos se lles recoñecerán os trienios anteriores á entrada en vigor pero SÓ CON EFECTOS RETRIBUTIVOS A PARTIR DA ENTRADA EN VIGOR DO MESMO.

Isto foi o que asinaron CCOO, UGT e CSIF, e fronte a esta cláusula discriminatoria avalada por estas centrais está a acción sindical da CIG, que con varias sentenzas gañadas consegue unha reversión desta inxusta situación.

A CIG obra con fundamentos xurídicos dabondo, como se demostrou nos dous contenciosos gañados. Estas sentenzas, pola contía son irrecurribles, e polo tanto si un xuíz dicta que o demandante non ten dereito a cobrar os trienios ese traballador xamais os cobrará. Por iso é fundamental unha acción coordenada para que as decisións xudiciais, ante a avalancha de demandas, vaian no sentido esperado.

Quén pode presentar a reclamación? Toda aquela persoa que no período que vai entre xuño de 2004 e maio de 2007 tivesen algún trienio xerado. Esto é independente do vinculo que actualmente teña coa administración, sexa agora interino, parado, funcionario ou laboral. Se ten dereito por ter traballado nese período e ter polo menos un trienio.

Se picas aquí podes baixarte o modelo de reclamación previa, e como sabedes, tamén os locais da CIG están abertos a todos os traballadores e traballadoras que queiran presentala.