Con relación ao borrador da orde que regulamenta a xornada de verán do 2012, solicitamos que:

  • Se amplíe o período ao tempo a tres meses en total, tal e como se leva facendo dende os últimos anos, para poder abranguer a totalidade das vacacións escolares, xa que o obxectivo deste horario reducido é poder facilitar unha conciliación familiar ao conxunto dos empregados e empregadas públicas.

  • Se amplíe o ámbito de aplicación a todo o persoal funcionario e laboral e, para quen non sexa posíbel, que se lle compense a non posibilidade de goce dese dereito.

  • Se regulamente o dereito á xornada de traballo de verán de xeito permanente. Entendemos que non é de recibo ter que negociar e concretar todos os anos o mesmo, cando non hai circunstancias que lle poidan dar esa característica anual. Na actualidade está en proceso de negociación un borrador de Instrucións de Permisos, Vacacións e Licenzas no que cremos que pode ter cabida este dereito. Solicitamos que se incorpore este dereito a estas instrucións para que se regulamente así de xeito permanente.