Novas por contido

O pasado 11 de xuño de 2012, en rolda de prensa, o Comité de Empresa de Traballo e Benestar denunciou a privatización de prazas nas residencias de maiores da Porta do Camiño e Volta do Castro en Compostela. Esta privatización implicará a eliminación de postos de traballo público e o despidimento de varias compañeiras e compañeiros interinos.

O Comité de Empresa denunciou publicamente a contratación de gardas de seguridade para suprir postos de ordenanzas. O seu presidente, José Manuel Viqueira, asegura que a dita externalización suporá un sobrecusto ao erario público xa que as prazas de persoal laboral que amortizan, e que fan as mesmas funcións, NON tiñan tanto custo como vai ter a empresa privada. O comite denuncia ademais que a sobre-explotación dos gardas de seguridade será o beneficio das contratas privadas co que se enriquecen as empresas beneficiadas pola política de privatizacións da conselleira Beatriz Mato e a sua secretaria xeral Cristina Ortiz.

O comité anunciou, ademais, que denunciará estas contratacións na Inspección de Traballo e solititará aos grupos parlamentares da oposición a comparecencia da consellería co fin de rendir contar destas privatizacións inxustificadas e máis costosas que os servizos públicos. Informa tamén de que as traballadoras e os traballadores despedidos e afectados polas privatizacións xa presentaron denuncia nos xulgados.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...