Tras a presión feita pola CIG, o director xeral da Función Pública convocounos o mércores, 20 de xuño,  para presentarnos o proxecto de Decreto da nova Axencia de Turismo.

O director limitouse a entregarnos unha copia do decreto de creación e estatutos da axencia e a ler un parágrafo no que se explica os órganos e entes afectados: a modificación do obxecto social da SA Xestión do Plan Xacobeo, a supresión da Secretaría Xeral para o Turismo e a extinción da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia SA (Turgalicia) e do Consorcio Instituto de Estudos Turísticos.

Tamén comentou que para o persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza existirán as mesmas garantías que no resto de axencias. Pola parte do persoal dos entes instrumentais,  levarán a cabo o mesmo proceso que no Instituto de Estudos do Territorio cunha subrogación incial dos contratos  e posterior elaboración da RPT e aplicación do Decreto de Integración.

Nun aceno ao requerimento da CIG, insistiu o director que se abre un prazo de alegacións até o venres, 29 de xuño; posteriormente haberá unha xuntanza e se levará á Mesa Xeral e Comisión de Persoal. Prazo ampriado até o martes, 3 de xullo.

Descargar o borrador do Decreto da Axencia de Turismo