Non vai nin unha semana era o FMI o que propuña estas medidas, agora é o Insituto de Estudos Económicos (ligado a CEOE) o novo órganismo que repite e profundiza nas medidas de novos recortes xa propostos. Fonte. Por outra banda, o Principe aplaude que "os nosos  salarios volvan a senda da competitividade" (entendemos que inclúe o seu) Fonte

Apelando ao medo e a situación dramática (non para eles), a CEOE vai máis aló da simple rebaixa salarial proposta polo FMI e esixe máis despedimentos no sector público. Esta situación provocará ademais un evidente deterioro dos servizos públicos aos que a CEOE estaría encantada de meterlle o dente por supoñer un evidente nicho de negocio.

Non contentos con afundir máis na crise á clase traballadora, insiste tamén en reformar as pensións, rebaixar a prestación por desemprego (porque "desincentiva o interese por buscar traballo") e subir o IVE ata chegar a un tipo único. Por outro lado, como non, propón relaxar a imposición directa e privatizar canto antes os bancos rescatados con cartos públicos.