A xornada de verán xa foi aprobada na Comisión de Persoal do vernes 22 de xuño, co voto favorábel únicamente da Administración, e a abstención dos catro sindicatos.

Non podemos votar en contra porque non rexeitamos a xornada de verán. Pero tampouco podemos votar a favor, porque: 1) perdese medio mes respecto doutros anos, polo que non vai poder coller a totalidade do período de vacacións dos fillos/as; 2) non se lle aplica á totalidade do persoal; 3) non se compensa ao persoal ao que non se lle pode aplicar pola natureza do posto de traballo; 4) non se regula mediante unha norma que non nos obrigue a negociar cada ano.

Respecto dos medios de comunicación (subvencionados) que tanto nos queren aos empregados públicos, a CIG o ten claro:

  • A xornada reducida de verán é algo que se fai en moitas empresas, tamén privadas.
  • Por moita campaña de desprestixio que lancen contra os empregados públicos, reafirmamos o noso compromiso como servidores públicos: o público é servizo, o privado beneficio.
  • Con orguio defendemos os nosos dereitos da prensa subvencionada e do Presidente Feijóo que nos utiliza.
  • Somos libres de decidir a prensa que lemos (e por tanto a onde vai parar o noso diñeiro).