O xoves, 28 de xuño, ás 11:30h, no edificio administrativo de San Caetano (entrada estación de autobuses) farase unha concentración solidaria coas orientadoras e orientadores de emprego  do RDL 13/2010. Este acto irá acompañado da entrega por rexistro das sinaturas de apio recollidas durante as últimas semanas.

No acto protestarase contra a grave situación que se deriva da eliminación de 109 postos de traballo que están a desenvolver as súas funcións actualmente nas oficinas de emprego de Galicia. Esta eliminación, antes da data prevista e no medio dun contexto de altísimas taxas de paro, é totalmente inxustificada xa que tal e como fixeron outras comunidades se revela que se poden arbitrar os fondos orzamentarios necesarios.

A eliminación destes postos de traballo son un paso máis no desmantelamento e privatización dos Servizos Públicos, e máis nomeadamente, das oficinas de emprego, polo que a CIG manifesta que deben manterse a continuidade dos nomeamentos dos 109 promotores de emprego e que a Administración debe de procurar unha alternativa orzamentaria para poder manter estes postos de traballo.

Descargar comunicado conxunto CIG, CCOO, UXT, CSI-F e CNT